Datos básicos

Esta produción audiovisual é unha homenaxe ó grupo A Quenlla, a través dos seus fundadores – Mini e Mero -, e con eles ós que renovaron a música e a canción galegas a través dos tempos, pescudando na memoria das nosas xentes, reelaborando, e ofrecéndoa ás novas xeracións adaptada ós novos tempos e ós novos galegos.

Portada DVD

 

Ten unha duración de 23 min. e 19seg., e a súa primeira utilización foi, en colaboración coa asociación cultural Xohán de Requeiro, formando parte do Audio-Vídeo-Libro “O Traque da Quenlla”, co gallo da homenaxe que a Mini e Mero se rendeu o 10 de agosto de 2008 en Chantada.